Patrimonio da Humanidade en Francia

Localización dos sitios da Francia de ultramar inscritos na lista do Patrimonio Mundial

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Francia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Francia aceptou o Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural o 27 de xuño de 1975, tras o cal podería propoñer bens no seu territorio para ser considerados para a Lista do Patrimonio da Humanidade.[3]

En setembro de 2023, Francia tiña 52 propiedades rexistradas,[4] 2 das cales están situadas fóra de continente europeo como están en Nova Caledonia , que é territorio dependente, e en Reunión, departamento de ultramar. Deles:

  • 44 son bens culturais.
  • 7 son sitios naturais (unha delas en Nova Caledonia; outra na illa de Reunión).
  • Un dos sitios é mixto; inscrito co nome "Pireneos-Monte Perdido", atópase en territorio a ambos os dous lados da fronteira entre Francia e España, e é, polo tanto, compartido entre ambos os países.

Ademais, 4 destes bens son compartidos con outros países: un con Bélxica, outro con España e outros dous nunha denominación multinacional.

Algúns sitios ocupan varias localizacións, como as 108 características distintas da “Conca mineira de Norte-Paso de Calais”, determinados lugares poden ser obxecto dunha inscrición en varios sitios (a basílica de Vézelay, por exemplo, está rexistrada no lugar da “basílica e outeiro de Vézelay” e no lugar de “Camiños de Santiago de Compostela en Francia.” En total, Francia conta con 319 sitios catalogados como Patrimonio da Humanidade.

En 2021, o país tamén inscribiu 33 propiedades na súa lista provisional:[5] 20 cultural, 6 naturais e 7 mixtas. Aquí, de novo, estes activos poden afectar a varias localizacións diferentes, o que leva a preto de 150 localizacións listadas.

Ademais, Francia tamén declarou 15 bens intanxibles, entre os que se atopan a súa gastronomía ou cetrería, que se comparte con outras 17 países.

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. State Parties, UNESCO World Heritage Centre, Consultado o 21-07-2011
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome unesco
  5. France Tentative List

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search